Friday 26 de April de 2024

Miño reafirma o seu compromiso coa reciclaxe coa recollida de 12.050 kg de téxtiles desde o pasado abril


• Os datos emitidos por Insertega reflicten que en Miño recolléronse 12.050 kg de roupa nos 10 contedores localizados por todas as parroquias, evitando a emisión de 38,19 toneladas de CO2.

O Concello de Miño redobra a súa firme aposta pola reciclaxe a través da recollida de 12.050 kg de roupa e demais residuos téxtiles desde o pasado mes de abril.

Os datos emitidos recentemente pola Iniciativa Social Emprendedora de Reciclaxe Téxtil de Galicia (INSERTEGA), entidade coa que colabora o Concello de Miño, reflicten que desde abril de 2022 os dez contedores repartidos por todas as parroquias do municipio recolleron máis de 12 toneladas de roupa que se xestionaron con criterios ambientais, evitando así que se xerasen 38,19 toneladas de CO2, certificadas pola Comisión Europea.

Esta acción, sumada ao servizo que ofrece o Roupeiro municipal, materializan o decidido compromiso do Concello de Miño coa reciclaxe e especialmente coa reutilización téxtil.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, mostra a súa satisfacción pola “gran resposta dá nosa veciñanza ante unha iniciativa que contribúe a preservar ou medio ambiente ao mesmo tempo que participa nun proxecto de xustiza e inserción social”.